Letras galegas 1991.

Álvaro Cunqueiro Mora
naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. Tiña catro irmáns e era o segundo fillo de Xoaquín Cunqueiro Montenegro e de Xosefa Mora Mirón. O seu pai era boticario (bo botánico, zoólogo, naturista) e estaba emparentado por liña materna coa familia de Ramón María del Valle-Inclán. Realizou os estudios primarios en Mondoñedo e aos once anos trasládouse a Lugo onde estudiou o Bacharelato e, durante o período que permaneceu nesta cidade, entrou en contacto con Ánxel Fole e Luís Pimentel, que leu os seus primeiros versos e que tivo un papel importante no rumbo que ía a tomar a vida do autor. En Santiago de Cpmpostela estudiou, por libre, a carreira de Filosofía e Letras (que non rematou) e viviu plenamente a vida universitaria: asistiu a reunión e tertulias, no café España, nas que coñeceu a escritores e a persoas do mundo da cultura do seu tempo (Maside ,Seaone,...). Dende moi novo está vinculado ás letras, funda en Mondoñedo a editorial "Un . No Leste Galego" e a revista "Papel de Color". En 1930 xa colaboraba en revistas e xornais como Nós de Ourense en 1920 ,"Vallibria" de Mondoñedo en 1930, "Yunque" de Lugo en 1932 Iniciada a guerra civil comeza o seu traballo como xornalista profesional. Dirixiu "Era azul" (voceiro do partido, integrado en el bando franquista, falanxe española de Ortigueira), foi redactor de "El Pueblo Gallego" (Vigo). Durante a súa estancia en Donosti (Euskadi) foi redactor de "La Voz de España". Reside en Madrid hasta 1947 e traballa no "ABC". É redactor do Faro de Vigo en Vigo dende 1961 e dirixe o mesmo dende 1965 a 1970.En 1960 foi nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo. En 1963 ingresou na Academia Galega. En 1980 foi investido doutor honoris causa pola Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela e tamén foille concedido o "Pedrón de ouro". Cunqueiro é un escritor bilingüe, aínda que o galego era a lingua que prefería. Ó longo da súa vida recibiu numerosos premios, ("Premio Gil Vicente 1973", " Premio Nacional de la Critica 1958", Premio Valle-Inclán de teatro galego 1960", "Premio Nadal 1968) e o seu labor foi considerado pola crítica e a mundo literario de Galiza. Morreu en Vigo o 28 de marzo de 1981

Obras:
Poemas
1932: Mar ao norde
1933: Cantiga nova que se chama ribeira (reeditado e aumentado no 1957)
1933: Poemas de si e non
1940: Elegías y canciones (castelán)
1950: Dona do corpo delgado
1980: Herba aquí e acolá
Narrativa:
1955: Merlín e Familia
1956: As crónicas de Sochantre
1960: Escola de menciñeiros
1960: Las mocedades de Ulises (en castelán)
1961: Si o vello Simbad volvese ás illas
1963: Tesouros novos e vellos
1968. Un hombre que se parecía a Orestes (Premio Nadal, en castelán)
1968: Flores del año mil y pico de ave (en castelán)
1971: Xente de aquí e acolá
1972: Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (en castelán)
1974: El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes (en castelán)
1976: Tertulia de boticas prodigiosas (en castelán)
1979: Outros ferirantes
Teatro:
1959: O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca
1960: A noite vai coma un río
Varios
1958: Teatro venatorio y coquinario gallego
1969: La cocina cristiana de occidente (con X.M. Castroviejo)
1964: Itinerarios históricos gastronómicos de la provincia de Pontevedra (con Gaspar Masso)
1965: El Camino de Santiago
1971: Vigo y su ría
1973: A cociña galega (con X.M. Castroviejo)
1975: Rías Bajas Gallegas
Nota: Se están a publicar novos libros e artigos de Cunqueiro dada a súa basta obra xornalística