| Eduardo Blanco Amor, naceu en Ourense o 8 de setembro
de 1897. Foi fillo de Víctor Blanco Expósito e Aurora Amor Fernández, que tiña tres fillos do seu anterior matrimonio, foi o cuarto e último dos irmáns. O seu pai de profesión barbeiro abandonou a familia cando Eduardo tiña sete anos. Fixo os estudios primarios e asistiu a clases particulares de Vicente Risco, a quen sempre se relacionará e considera como mestre. En 1919 emigrou a Arxentina , en Bos Aires alternou o traballo con clases de Filosofía e Letras na Universidade, comezando a súa laboura cultural e galeguista. Codirixe con Suárez Picallo e Eliseo Pulpeiro a revista Céltiga, e de balde durante catorce anos o periódico da Federación de Sociedades Galegas, a revista Terra xunto co Ramiro Illa Couto; funda o Teatro Popular Galego, dirixe varias emisións de radio, participa na revista, do Centro Galego, Galicia (que dirixiría durante sete anos). O periódico bonaerense "La Nación" enviouno a Madrid como redactor en 1929 estando deica 1931. Volve a España en 1933 e se encarga da redacción de la revista "La Ciudad" hasta fin de 1935. Fai amizade con Federico García Lorca (poeta granadino) quen realiza poemas en galego que son publicados por Nós en 1935. Foi profesor extraordinario na "Facultad de Humanidades y Ciencias" de Montevideo de Uruguai e na "Escuela Internacional de Temporada" de Santiago de Chile. ademais foi director do Teatro Español de Cámara de Bos Aires. Da cursos de galego en 1960 a fillos dos emigrados. Volveu a Galiza no 1958 ,1963 e en 1965 definitivamente xubilado, con unha pensión de dezaseis mil pesetas de Bos Aires. Dende 1976 a Fundación Barrié, lle concedeu unha pensión vitalicia. Morreu o 1 de decembro de 1979 en Vigo. |
|
|
Obras
|
Poesía |