![]() |
Eladio Rodríguez González , Naceu en San Clodio. Leiro, Ourense o 27-VII-1864 e finou en A Coruña o 14-IV-1949. Pasou a súa infancia na aldea natal, nas terras de O Ribeiro de Avia. De moi novo trasladouse a A Coruña e alternou seu traballo como funcionario municipal (1888-1937, no que xubilouse como oficial maior honorario) coa súa laboura periodística. Colabora en diversas revistas e xornais e dirixe os xornais "La Mañana" e "El Noroeste", neste último houbo un suplemento cultural "nós: páxinas gallegas" no que fai unha defensa apisoada do idioma galego. Foi poeta contumbrista, con notas patrióticas, de rebeldía ou loita, mui influenciada por Lamas Carvajal, Curros, Cabanillas,... Foi o autor do "Diccionario enciclopédico gallego-castellano" no que traballou toda a súa vida e foi publicado ,despois da súa morte. Neste traballo destaca polo aspecto etnográfico con gran aportación de refráns, cántigas e modismos populares. Foi, ademais un dos 40 membros fundadores da Academia Galega, da que foi o primeiro secretario e logo presidente dende 1926 a 1943. (datos reseñados da encliclopedia galega, X.M.D.P.) |
Obras: |
ISBN: 84-7154-370-2 [ Obra completa] ISBN: 84-7492-859-1 |