|
 
Lugrís Freire é un histórico galeguista, xurista, comediógrafo, poeta e agrarista, que ten no seu haber, o mérito de ter fundado o primeiro xornal integramente en galego da emigración. Trátase de “A Gaita Gallega” que se editou na Habana entre os anos 1885 e 1889. Foi unha das mostras do seu fondo compromiso galeguista que manifestou durante a súa estadía en Cuba a onde emigrou con a penas 20 anos. Participou en todas cantas iniciativas comprometidas coa lingua houbo no país. Foi un activo colaborador na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía, en representación do Partido galeguista.
Nace o 12 de febreiro de 1863, 12 de febreiro na vila de Sada, ten como irmáns maiores a Plácido e Isolina. Ata 1873 vive nunha casa da aldea de Soñeiro, dende onde acode ao Concello de Oleiro a traballar de escribán.
1877-83 Vive nunha casa da aldea de Soñeiro, desde onde acode ao Concello de Oleiro a traballar como escribán.
Escribe Nociones generales de mitología
1883 Emigra a Cuba, chamado polo seu irmán Plácido que xa vivía na illa, e quen lle ensina o oficio de contable (tenedor de libros) que desenvolverá profesionalmente ao longo da súa vida. A dicir de Curros Enriquez, traballa máis de 14 horas diarias.
1884 É nomeado vocal da xunta directiva do Centro Galego da Habana.
Publica no xornal El Eco de Galicia a súa primeira colaboración: un poema titulado "Nostalxia".
1885 Escribe a obra de teatro A costureira da aldea, a súa primeira obra costumista, para ser representada no seo da colectividade galega da Habana.
Publica, en seis entregas, no xornal El Eco de Galicia, a novela curta "O penedo do crime".
Escribe tamén a obriña De Galicia a Lavapiés para dar resposta a unha obra que pretendía ridiculizar os galegos.
1885 Funda, xunto con Ramón Armada Teixeiro, A gaita gallega, a primeira publicación periódica integramente en galego na emigración, e redacta a declaración de principios incial no artigo "O noso pensamento". Colabora en seis entregas e, pelexado con Ramón Armada, deixa o xornal.
1886-87 É atacado nas páxinas de A gaita gallega
1894 Publica o libro de poesía Soidades, con prólogo gabancioso pero bastante crítico de Curros Enríquez.
O libro leva a dedicatoria "Á santa memoria de miña Nai, y-â Sociedade de Beneficencia dos naturales de Galicia na Habana, nai agarimiosa de tódolos gallegos infertunados".
Participa na organización da homenaxe da colectividade galega a Curros Enriquez
1896 Volta a Galicia casado coa cubana de ascendencia española Concepción Orta Iglesias, instálase na Coruña e continúa desenvolvendo a súa vida profesional no mundo da contabilidade. Axiña ingresa na "Sociedad Anónima Aguas de La Coruña", onde será socio-accionista, primeiro empregado, e polo tanto, un dos impulsores da instalación de auga potable nas casas da cidade. Participará activamente na tertulia galeguista da Cova Céltica, xunto con Murguía, Pondal, etc.
1897 Forma parte, como secretario, da Comisión directiva da Liga Gallega da Cruña, biaxo a presidencia de Salvador Gollpe.
1898-99 Nace a súa filla Socorro e morre a muller no parto, a quen enterra en San Amaro (a Coruña). Entra nunha forte depresión na que, seica, pensa incluso no suicidio.
1901 Publica Noitebras,libro de poemas onde combina o pesimismo pola morte da esposa, con outros de intención social e mítica.
Leva a seguinte dedicatoria: "En lembranza da miña esposa Dona Concepción Orta e Iglesias, cuyo recordo henche o meu corazón e cuyo espíritu santo e puro alenta sempre nos meus agarimosos pensamentos".
1902 Casa con Concepción González Varela, irmá do pintor e escritor rexionalista Urbano González, coa que terá cinco fillos.
1903 Funda, xunto con Galo Salinas, a Escola Rexional de Declamación que, ao pouco tempo dirixirá. Na súa curta vida -un ano- representará tres obras de Lugrís. Nace o seu fillo Manuel
1903 Estrea a obra A Ponte o día 18 de xullo no Teatro Principal de Coruña co que inaugura o teatro galego en prosa.
1904 Estrea o drama Minia o día 19 de marzo no teatro Jofre de Ferrol. Publica o drama Mareiras, estreado o 16 de outubro no Teatro Principal de Coruña. Será a súa primeira obra de teatro galego extensa, consta de tres actos. Funda con outros a Asociación da prensa de Coruña.
1905 Nacen o seus fillos xemelgos Secundino e María do Pilar
1906 Publica Esclavitú, drama. Participa como membro de número na fundación da Real Academia Galega.
1907 Promove, xunto con Rodrigo Sanz, a declaración fundaciónal de Solidaridad Gallega, colectivo que pretende renovar a política galega facendo confluír ideas de rexionalismo, agrarismo.Achéganse á idea os excluídos do sistema de "turnos" canovista: carlistas, republicanos, independentes, etc.Polo seu carácter burgués, conta coa oposición socialista, anarquista, liberal e conservadora.
O seis de outubro, utiliza por primeira vez na historia, a lingua galega nun mitín politico –agrarista- en Betanzos, que reune a seis mil persoas, e onde estará presente o lider republicano español, valedor de Solidaritat Catalá, Nicolás Salmerón.
Será un dos grandes oradores solidarios; participará en actos públicos en Cambre, Bergondo, Coruña, Carral, Sarandóns, etc.
É nomeado Vicepresidente de Centro Solidario de La Coruña. Membro do consello redactor do seu órgano, A Nosa Terra, onde publicará de forma constante desde o primiero número (4 de agosto) co seudónimo de Asieumedre, e baixo o título xenérico de "A carón do lar", unha serie de contos populares de intención social, reproducidos moitas veces, nas revistas da emigración americana.Traduce ao castelán Mareiras e A Ponte.
1908 Nace o seu fillo Urbano que andando o tempo, e baixo a influencia do irmán da nai do mesmo nome, se dedicará principalmente á pintura. Reúne nun volume oito relatos que publicara n’A Nosa Terra baixo o título de Contos de Asieumedre precedidos por un prólogo titulado ¡Xuntanza! –un chamamento á unidade e loita labrega- e que son distribuídos por Solidaridad Gallega.
1909 Nace a súa derradeira filla Purificación.Publícase de novo os Contos de Asieumedre, xuntando agora vinte e oito relatos.
1910 Estréase a obra Esclavitú.
1915 Colabora na revista madrileña España.
1916 Participa na fundación das Irmandades da Fala respondendo ao chamamento de Antón Vilar Ponte. É nomeado, a proposta de Ricardo Carballa "Mestre da Fala".
1917 O 5 de febreiro, en Ferrol, toma a palabra, xunto con A.Vilar Ponte, Peña Novo e outros nun mitin da Irmandade da Fala da Cruña. Publica O Pazo, comedia.
Asiste, no leito de morte, a Eduardo Pondal, de quen fai unha fermosa peza oratoria no cemiterio de San Amaro, no seu enterro.
1919 Publica Estadeíña, comedia e Versos de loita como folleto do xornal El Noroeste. Estréase en Vigo a obra O Pazo.
1922 Publica Gramática do idioma galego, primeira escrita integramente en galego, seguidora da Gramática de Saco e Arce. É acollida con gabanzas polos "vellos" galeguistas (como Antón Vilar Ponte) e oposición dos novos (Manuel Antonio).
1923 Ingresa como socio correspondente do Seminario de Estudos Galegos, lendo o seu discurso sobre Eduardo Pondal, o día 20 de novembro.
1924 O 1 de xaneiro inaugúrase en Sada a escola "Sada y sus contornos" pagada pola sociedade do mesmo nome de Nova Iork, e da que é presidente honorario –e encargado dos asuntos enconómicos en Galicia- Manuel Lugrís.
O semanario A Nosa Terra informa o día 1 de febreiro que Manuel Lugrís Freire é o autor dos primeiros carteis en galego para unha película "Maruxa" sobre a zarzuela de Amadeo Vives e Luís Pascual.
O 5 de maio, o alcalde de Sada Manuel Dopico propón se declare fillo predilecto da vila a Manuel Lugrís Freire e así se acepta polo pleno do Concello.
O 27 de novembro pronuncia un discurso, en nome da Real Academia Galega no Teatro Rosalía de Castro en conmemoración do IV centenario de Camoes.
1926 O 14 de marzo participa nos actos do SEG en homenaxe ao traballo de recuparación da lírica medieval feitos por Carolina Michaëlis de Vasconcellos.
1927 Morre o seu querido irmán Plácido en Cuba. Publica Ardencias, o considerado seu mellor libro. Dividido en catro partes, as tres primeiras Acordes de mocedade, Da Mariña e De outrora, recollen composicións poéticas, e a cuarta En prosa, recolle a Lenda de Brigo, Mareiras e o Discurso pronunciado en 1924, como conmemoración do cuarto centenario de Camoens.
O libro leva a seguinte dedicatoria:
Para a xenerosa e ben encamiñada mocedade galega, que mantén acesas no corazón as ardencias pola nobre causa no noso rexurdimento, escritos foron estes versos, derraderias e humildosas flores do meu xardín inzado de ilusións e de esperanzas".
1928 Publica As Mariñas de Sada, dedicado á sociedade Sada y sus contornos con motivo da realización dos primeiros exames no Centro de Ensino pago pola sociedade de emigrantes.
1930 Participa na elaboración do programa do Partido Autonomista Republicano Agrario para a campaña de 1930 e na montaxe da Federación republicana gallega.
Os veciños de Sada organízanlle unha homenaxe (13 de xuño) pola súa permanente defensa da vila,consistente na imposición do seu nome a unha rúa, a colocación dunha placa de mármore e bronce na súa casa natal e nun banquete popular.
Interveñen, entre outros, Casares Quiroga, Antón Vilar Ponte, Victor Casas, Emilio González López, Eladio Rodríguez, e as autoridades locais de Sada e da sociedade Sada y sus contornos.
Na placa, por baixo dun retrato de bronce, en baixo releve, figura: "En esta villa nació el elocuente orador, inspirado poeta e ilustre dramaturgo, Manuel Lugrís Freire, presidente honorario de la sociedad "Sada y sus contornos" la que le dedica este homenaje" Año MCMXXX
Membro da comisión redactora do Anteproyeito de Estatuto da Galiza que finalizou, en maio de 1931, o Seminario de Estudos Galegos.
O 6 de decembro de 1931 resulta elixido membro do consello que vai redactar os estatutos do Partido Galeguista, no que se integran os grupos galeguistas dispersos por Galicia adiante.
Sae a segunda edición da súa Gramática.
Participa nun mitin galeguista no Teatro Rosalía de Castro.
1932 Representante, xunto con Alexandre Bóveda, na Comisión técnica que redactou por encargo da asemblea de municipios de Galicia, reunida en Santiago o 3 de xullo de 1932, o anteproxecto definitivo do Estatuto.
Participa con Castelao, nun mitin galeguista en San Tirso de Mabegondo.
1934 É orador no acto de inauguración do monumento a Curros Enriquez da Coruña (11 agosto) onde estará presente tamén o Presidente da República Española, Nicolás Alcalá Zamora.
o 28 de abril é nomeado Presidente da Real Academia Galega.
Nomeado socio de mérito do Instituto Histórico do Minho, de Viana do Castelo.
1935 O 24 de xullo participa xunto con outros oradores (Plácido Castro, Antón Villar Ponte, Francisco del Riego, Núñéz Búa, Alexandre Bóveda, Castelao, Suarez Picallo, Vítor Casas, Álvarez Gallego, Otero Pedrayo, Iglesia Alvariño, Sebastián González, Gómez Román, Lopez Abente, Carballo Calero e Francisco Fernández del Riego nun mitin – glosa da figura de Curros Enriquez na Coruña.
Despois do verán, renuncia á presidencia da Real Academia Galega alegando motivos de saúde.
Publica Queixumes dos pinos y poesías inéditas de Eduardo Pondal.
1936-39 Sobrevive, enfermo e desanimado, na Coruña.
Á parte da traxedia que asolaba o país, na que vira fundirse todos os seus ideais sociais e políticos, a morte ou exilio de moitos amigos, ten que vivir a participación de dous fillos na guerra, un en cada bando. Así, Plácido, será oficial de farmacia do Quinto Rexemento en Madrid, e Urbano, combatente recrutado na parte "nacional".
1940, 15 de febreiro Morre na Coruña.
Datos recollidos de Cultura Galega, Gran Enciclopedia Gallega e IES as lagoas (ourense) |