Os segredos da Gaita

Xosé Lois Foxo

Ed: Deputación de Ourense.
392 p. ; 17x24 cm
Encuadernación: rústica
Limiar

Excepcional libro de coñecemento da gaita galega e seu aprendizaxe.
Un dos capítulos da obra está dedicado aos gaiteiros de máis sona de Galiza. No libro están reflectidos intérpretes e artesáns : Choumín de Céltigos , Antón Corral, Perfecto Feijoo, Xan Tilve, Manuel Lourenzo, Faustino Santalices, Emilio Corral ou Aurea Rodríguez. E imaxes de grupos tradicionais.
Na parte técnica do manual, descríbese as partes do instrumento, os materiais empregados para súa construción e a descrición dos instrumentos de percusión utilizados para o acompañamento.
A descrición das posicións das mans sobre o punteiro, incluíe a chamada man pechada. Os adornos de interpretación, e unha referencia a gaita escocesa.
As pezas populares galegas están con numerosas partituras, exemplos, e mesmo apuntes históricos.
Dentro das partituras hai himnos, alalás, romances, alboradas, muiñeiras, fandangos, xotas, pandeiradas, carballesas, danzas, mazurcas, valses, pasodobles, polcas, xigas e diversas obras.
A tonalidade das partituras é de Re M, opción tradicional, fronte a outras tonalidades empregadas para as partituras das gaitas escocesa (La) ou bretonas (Si b) ou asturiana (Do).
Os segredos da gaita ten coidado a metodoloxía da aprendizaxe, de menor a maior dificultade, dende a dixitación e fraseos deica os adornos.
 a menú

FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 539
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary