Pedido, formas de pago e envíos   
?¿
Ao recibir un pedido, Que fai limiarlibros.com?
Quen somos e onde estamos¿?
Forma de envío
España Contra reembolso ( só para uso interno )
Ingreso ou transferencia bancaria
Internacional PAGO POR MEDIO DE TARXETA DE CRÉDITO (POR LA PASARELA SEGURA )

Ao recibir un pedido, Que fai limiarlibros.com?

1º. Revisa a dispoñibilidade, e reserva o libro para o cliente.

2º. Efectúa o cálculo do custo do envío, por iso é imprescindible en lugar de envío. Estúdase que os custos de envío sexan os menores posibles.

3º. Infórmase ao cliente e facilítase o pago:

Se o cliente expresa o desexo de pagar por transferencia bancaria:
Envíase ao cliente un código de pedido e indícase o nº de conta do banco de Limiar libros, S.L., dispoñible para pagos en España, como garantía do seu pedido.

Se o seu pago é por cartón de crédito:
Envíase unha factura ao cliente, por medio de PayPal, como garantía do seu pedido, figurando na referencia da mesma o seu código de pedido (ide. de articulo).

4º. Unha primeira garantía de limiarlibros.com é a contestación do seu pedido, asumindo o seu compromiso.
Unha segunda garantía de limiarlibros.com é o recibo emitido, a nome do cliente, polo banco unha vez efectuado, ou o código da transacción emitido pola pasarela de pago PayPal, ao cliente, e que están en poder do cliente.

5º. Cando recibe o pago, realiza o envío seguro, garantido.
Limiarlibros.com contacta de novo co cliente para indicarlle a situación do seu pedido e o código de envío, se foi realizado.
Esta é a terceira garantía do compromiso de limiarlibros.com

6º. Non realizamos ningunha operación automática ou robotizada. O noso trato co cliente é persoal.
A resposta ao pedido do cliente non é inmediata, xa que é procesada manualmente, pode tardar uns minutos, ou unhas horas.
Unha persoa responsable de limiarlibros.com atende directamente ao cliente, as 24 horas, todos os días.
En limiarlibros.com damos garantía.


Quen somos e onde estamos:

Nome: Limiar Libros, S.L. (Libraría Limiar)
O noso nº de identificación Fiscal en España: B15479157
A nosa dirección: C/ Venezuela, 33, B, CP:15404
A nosa cidade: Ferrol (A Coruña)
O noso País: Spain (Galiza)
Os nosos Telfs.: +34 981327953
                           +34 655011250.
  

Forma de envío:

Estado español (España):

Utilízase xeralmente os servios de correos de España.

O cliente recibirá comunicación da súa oficina de recepción de envío, para a entrega do seu pedido dependerá da empresa de transportes sobre 5 días laborables (salvo complicacións ténicas). Correos en España xeralmente entrega os paquetes no domicilio do cliente.

Fora de España:

O envío realízase por transporte terrestre en Europa e por barco ao Continente Americano e outros, é o medio máis seguro, económico e sobre todo de calidade (en canto ao tratamento da mercancías).

O tempo de tránsito entre as oficinas internacionais de correos de España e as de Europa está ao redor de 10 días, co Continente Americano e outros está ao redor dos 20 días, (segundo información de correos España)."

O medio de transporte aéreo non é recomendado, polos técnicos de transporte, debido aos controis exhaustivos dos aeroportos por cuestións de seguridade da pasaxe, escálalas áreas con transbordo e reclasificación das mercancías, que provocan frecuentes extravíos e atrasos das mesmas.

As alternativas seguras dedicadas, a este envío económico, son moi custosas para o cliente, incrementando os gastos de envío (sobre o prezo económico) de 60 a 90 euros.

INGRESO DIRECTO EN CONTA BANCARIA OU TRANSFERENCIA España
O pago pode realizarse mediante un ingreso directo en conta ou transferencia á conta bancaria da nosa empresa que lle indicaremos cor correo electrónico.Axiña que teñamos constancia do ingreso procederemos ao envío. Rogámoslle envíenos un correo para ser máis rápidos.

Formas de pago e envíos fora de España, desde limiarlibros.com
Os gastos de aduana, se os houbese, que se xeren pola liberación da mercancía corren por conta do cliente.

PAGO POR MEDIO DA TARXETA DE CRÉDITO (POLA PASARELA SEGURA )
Remitirémoslle unha factura de pre pago ao seu correo electrónico, na que constará o nº de código de pedido (identificación artigo), e a opción de realizar o pago seguro por PayPal. Non ten custos para vostede é o xeito máis cómodo, segura e rápida. Esta opción será aplicada por defecto aos pedidos internacionais .