|
Tit:
Debuxos de negros |
Aut:
Castelao
|
Editor:
Ed: Galaxia. |
Car: |
Sinopse :
12 láminas separadas con debuxos de negros feitos polo propio autor en América. Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na polÃtica. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomÃa para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mÃtica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural. |
Pvp:
20.00 € |
|