|
Tit:
Que contan as ovellas para durmir? |
Aut:
Kiko da Silva
|
Editor:
Ed: Galaxia. |
Car: |
Sinopse :
15 ANIVERSARIO. EDICIÓN ESPECIAL
Bee é unha ovella branca coma unha nube de leite dentro dun rabaño de ovellas negras coma o café. Unha noite que non lle entraba o sono, preguntouse: Que contan as ovellas para durmir?
Ti sábelo? Bee, tampouco.
E non poderá pegar ollo ata atopar a resposta
da Silva, Kiko
É un dos máis novos e destacados ilustradores do panorama galego. Salienta pola súa constante procura de novos rexistros e linguaxes frescas, como sucede con ¿Que contan as ovellas para durmir?, un conto de estruturas paralelísticas e acumulativas, habituais na boa literatura para nenos. Tamén ilustrou en Galaxia obras como Dez contos de Andersen. O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concedeulle o Premio Xoán Manuel Pintos 2007 *polo seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada* |
Pvp:
15.50 € |
|