Roseira do teu mencer

Xosé María Álvarez Blázquez

Ed: Xerais.
13,50 x 19,00 cm.
Encuadernación : Rústica

Este libro de poesía foi escrito ó longo dos anos 1949-1950, e publicado por primeira vez no ano 1950. Trátase dun conxunto de poemas que o autor lle dedicou á súa prímeira filla cando era pequeniña. Toda a temática dos poemas xira ó redor da relación dos país-adultos coa filla-nena que pouco a pouco vai descubríndo o mundo. Versos nacidos de sinxelas experiencias cotiás, que Xosé Mª Álvarez Cáccamo, fillo do autor, conta así: 'Por iso o libro, que ao principio tampouco non tiña nome, chamouse Roseira do teu mencer. O mencer de Colorín, os seus prímeiros días e meses de luz, está relatado aquí en versos pequenos que son para cantar. Sentiremos como chora a pobre nena perseguida polas galiñas e como vai procurar acougo no colo do pai. Pero logo, nunha mañá preciosa de sol, saen os tres felices ao campo para apañar flores e os caracois póñenlle un camiño de seda a Colorín para que pise entre as herbas sen mancar os pés (...). O pai escorrentaba as cousas grandes que lle puñan medo a Colorín: a chuvia, a neve, o vento, o arco da vella. E logo baixaban os dous á praia, que quedara limpa de sombras e branca coma azucre, a facer casas de cunchas (...). Estas e outras aventuras de Colorín canta don Xosé Mª Álvarez Blázquez, o pai dela e meu, na Roseira do teu mencer.' No libro tamén se recollen seis poemas que non pertencen a Roseira do teu mencer pero merecedores de estar nesta obra.
 a menú

FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 417
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary