Historia, etnografía    Autores galeg@s contemporane@s  Divulgación Lingua, dicionários     Letras galegas   Ferrolterra
Lista de obras
    Galiza
Páxinas           

Cemiterio de elefantes

Alonso, Fran

Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Xerais de Galicia


MADE IN GALIZA

Sende, Sechu

Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Galaxia
Coleccion. Literaria
Número de pax. 156

Preséntanos agora un libro de relatos, "Cemiterio de elefantes", unha excelente crónica sobre o mundo da noite e dos noctámbulos. O libro estende a súa trama narrativa en torno a ese mundo máxico, sinistro, encantador, misterioso e atractivo que é a noite. A acción do primeiro relato comeza ás 12.00 AM, cando a noite cae sobre a cidade, e o último remata pasadas as 8.00 AM, co amencer dun novo día. A través de nove contos diferentes pero habilmente entrelazados entre si, vai transcorrendo a vida nocturna dunha cidade, con todo o seu poder e a súa forza deslumbrante, pero tamén con toda a traxedia e a dor dos seus personaxes. Entre almas perdidas, corazóns solitarios, noctámbulos, insomnes, prostitutas, marxinados, as páxinas de "Cemiterio de elefantes" constrúen historias densas, marcadas polo pulular dunha fauna de noctámbulos que se move con espírito furtivo por pubs, discotecas, programas de radio nocturnos, e por escenarios diversos, poboados por varrendeiros, xornalistas, estudiantes ou camareiros. Relatadas con realismo, con humor, con actualidade, as historias urbanas e nocturnas de "Cemiterio de elefantes" móvense con fluidez entre a Galicia eterna e a Galicia moderna, escritas cun sorprendente estilo persoal que combina o interese da acción co suxestivo do xogo literario.O autor aposta por unha literatura vitalista, conectando coa súa obra literaria anterior, para afondar nunha poética persoal e nunha liña temática e semántica de seu que, de seguro, divertirá e satisfará ó lector.

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

María Mariño. Vida e obra

Blanco García, Carmen

Edita: Xerais


soño da febre, O

Miguel-Anxo Murado

Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Galaxia
Coleccion. Literaria
Número de pax. 156

María Mariño. Vida e Obra é un amplo e e revelador percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2007. Este libro da autoría de Carmen Blanco, a investigadora que máis sistematicamente estudou a obra de María Mariño, percorre a figura da escritora a través da análise das distintas versións, algunhas moi polémicas, que se deron dela, acometendo un fundamentado estudo sobre a súa poesía. Carmen Blanco aborda desde o feminismo cuestións problemáticas como a idade de María Mariño, a súa imaxe física, o seu estatus de escritora, o seu afastamento da cultura oficial e o suposto achegamento á cultura popular, ....(+)... Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva. Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas, ás veces simbólicas e sempre presididas pola pantasma da febre. Na liña de "Memoria de derribos", o autor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun libro no que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións coa historia principal.

paxaros tamén migran ao sur, Os

Silverio Cerradelo

Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Narrativa
Número de pax. 168


Case perfecto

Marina Mayoral

Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Narrativa
Número de pax. 294


O Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaría e viu aparecer pola porta unha muller nova que traía baixo o sobrazo un mangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa que se prostitúe porque necesita a heroína e que debe marchar a Hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamén migran ao sur é unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientación moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler até o final.

Un científico famoso morre en circunstancias estrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. "Case perfecto" obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen “case perfecto” ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en "Case perfecto" a complexa trama de sentimentos que une e desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán indentificados.

Obra completa de María Mariño

Mariño, María

Edita: Edicións Xerais
Os dominios de Caín
Caneiro, Xosé Carlos

Edita: Galaxia

O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández. María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súas vivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como “dinamiteira da fala”. ...(+)..

A paixón do escritor pola literatura amósase tamén na súa paixón pola lectura. Neste libro de ensaios sobre estética e liberdade na literatura, Xosé Carlos Caneiro define o seu propio territorio literario, comparte cos lectores e lectoras todo un universo de lecturas, autores e personaxes, precisamente aqueles que configuran o que Caneiro define como "literatura a contracorrente". Fronte á "ditadura do simplismo", Os dominios de Caín constitúen unha defensa da literatura como maneira de entender a vida. O libro é unha interesante e polémica reflexión sobre o destino da literatura, sobre a función do escritor e a arte literaria, sobre as relacións entre estética e mercado e sobre a literatura como liberación. ...(+)

Obreirismo ferrolán
Fernández, Eliseo

Edita: A Nosa terra.
  
O cidadán do mes
Ameixeiras, Diego


Edita: Xerais

A recuperación da historia do movemento obreiro é un labor de xustiza para con aqueles homes e mulleres que impulsaron a configuración dunha sociedade democrática e máis achegada aos valores de xustiza e solidariedade. Tanto máis canto moitos deles sufriron persecución polas súas ideas e actividades. Nos últimos anos rexurdiu o interese pola historia dos movementos sociais, tentando un recoñecemento da importancia que as organizacións de traballadores tiveran na transformación da sociedade nun sentido fondamente democrático. E antes do dramático período de 1936-39 e nos anos de loita clandestina contra o franquismo, o obreirismo de Ferrol mantén unha traxectoria obrigada de salientar.

O punto de partida d' O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente. O caso non ofrece demasiadas complicacións e o detective acepta o traballo, mais Dopico non sabe que deberá moverse con moita precaución nunha complexa intriga onde a dobre moral e a corrupción non son patrimonio exclusivo da clase política. O seu instinto, varios litros de whisky, unha sorna punk cultivada a conciencia nos arrabaldes de Ourense e unha Smith & Wesson, acompañarán ao detective nunha historia na que conviven sexo, violencia, drogas e rock and roll, aínda que o realmente importante é que estamos en agosto e Horacio Dopico non tolera nada ben as altas temperaturas.
Lista de obras
    Galiza
Páxinas