Logo da súa participación na obra multimedia Doce Polainas Enteiras,
dalgún xeito precedente desta que presentamos, en Solo de Gaita, Xesús Vaamonde
preséntanos unha antoloxía das súas composicións, publicando numerosas partituras
e facendo os comentarios que o levaron a crealas no seu día. Alén diso entréganos,
nun CD que se acompaña co libro, a gravación de catorce das pezas, acompañadas
dunha clara guía de audición.
a menú |